encarga

encarga

(

  1. s f

    Acción de encargar ou encargarse.

    Ex: Fíxolle a encarga á filla.

    Sinónimos: encargo.
  2. s f

    Cousa que se lle encarga a alguén. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Encargas sen diñeiro chegan ao primeiro regueiro”.

    Ex: O meu home é estupendo sempre se lembra das miñas encargas.

    Sinónimos: encargo, encomenda.
  3. s

    Aplícase á persoa ou á cousa que ten algo como misión.

    Ex: O encargado da fábrica chamou a atención a varios traballadores.

  4. encargado de negocios

    Persoa que ten ao seu cargo un negocio en representación do dono.

  5. Axente diplomático inferior ao embaixador, ao ministro plenipotenciario e ao ministro residente.

Frases feitas

  • De encarga. loc adv Expresión para se referir ás cousas que non se compran feitas, senón que se mandan facer como se quere. Ex: Fixo un traxe de encarga.

  • Ser máis + adxectivo + que feito de encarga. Expresión coa que se intensifica a calidade expresada polo adxectivo. Ex: Este rapaz é máis aburrido que feito de encarga.

Refráns

  • Encargos sen diñeiro chegan ao primeiro regueiro.
  • Encomenda sen renda, será parvo o que a atenda.
  • Memorias sen diñeiro molestan ao recadeiro, ao paxareiro e ao viaxeiro.

Palabras veciñas

encarecedor -ra | encarecemento | encarecer | encarga | encarga | encargado -da | encargar