encargado -da
encargado -da
(< encargar)
-
p reg
de encargar ou encargarse.
-
adx e s
Aplícase á persoa ou á cousa que ten algo como misión.
Ex: O encargado de tramitar a denuncia non estará na vila ata a semana que vén. As neuronas son as células encargadas de transmitir o impulso nervioso.
-
s
Persoa que ten ao seu cargo un negocio en representación do dono.
Ex: O encargado da fábrica chamou a atención a varios traballadores.
-
Axente diplomático inferior ao embaixador, ao ministro plenipotenciario e ao ministro residente.