encargado -da

encargado -da

(< encargar)

  1. p reg

    de encargar ou encargarse.

  2. adx e s

    Aplícase á persoa ou á cousa que ten algo como misión.

    Ex: O encargado de tramitar a denuncia non estará na vila ata a semana que vén. As neuronas son as células encargadas de transmitir o impulso nervioso. 

  3. s

    Persoa que ten ao seu cargo un negocio en representación do dono.

    Ex: O encargado da fábrica chamou a atención a varios traballadores. 

  4. Axente diplomático inferior ao embaixador, ao ministro plenipotenciario e ao ministro residente.

Palabras veciñas

encarecer | encarga | encarga | encargado -da | encargar | encargo | encariñar