encarga

encarga

(< encargar)

  1. s f

    Acción de encargar ou encargarse.

    Ex: Fíxolle a encarga á filla. 

    Sinónimos: encargo.
  2. s f

    Cousa que se lle encarga a alguén. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Encargas sen diñeiro chegan ao primeiro regueiro”.

    Ex: O meu home é estupendo sempre se lembra das miñas encargas.

    Sinónimos: encargo, encomenda.

Frases feitas

  • De encarga. loc adv Expresión para se referir ás cousas que non se compran feitas, senón que se mandan facer como se quere. Ex: Fixo un traxe de encarga.

  • Ser máis + adxectivo + que feito de encarga. Expresión coa que se intensifica a calidade expresada polo adxectivo. Ex: Este rapaz é máis aburrido que feito de encarga.

Palabras veciñas

encarecemento | encarecer | encarga | encarga | encargado -da | encargar | encargo