mandala*

mandala*
s m [ARTE/RELIX]

Figura xeométrica de desenvolvemento concéntrico e forma simétrica na que todo equidista e se subordina respecto a un punto axial. Utilízase pola súa significación mística e simbólica, tanto na edificación arquitectónica como nas producións plásticas budistas. Chegou ao mundo occidental contemporáneo a través das correntes relixiosas e filosóficas pro-orientais.

Palabras veciñas

Mandado Pérez, Enrique | mandador -ra | Mandaio | mandala* | Mandalay | Mandalay | mandamento