mandala*
mandala*
s
m
[ARTE/RELIX]
Figura xeométrica de desenvolvemento concéntrico e forma simétrica na que todo equidista e se subordina respecto a un punto axial. Utilízase pola súa significación mística e simbólica, tanto na edificación arquitectónica como nas producións plásticas budistas. Chegou ao mundo occidental contemporáneo a través das correntes relixiosas e filosóficas pro-orientais.