Mandalay

Mandalay

Capital da provincia homónima e do estado de Myanmar ata 1886 (532.949 h [1983]). Foi un dos principais centros culturais e políticos locais desde o s XVI. O seu momento máis esplendoroso foi no s XVIII, ao que pertencen unha gran diversidade de palacios, onde conflúen as tendencias india e chinesa.