mandamento

mandamento

(< mandar)

  1. s m

    Acción e efecto de mandar.

  2. s m

    Aquilo que se manda.

    Sinónimos: orde.
  3. s m [RELIX]

    Cada unha das normas morais da relixión católica que debe cumprir o crente, especialmente os mandamentos da lei de Deus ou Decálogo e os mandamentos da Igrexa.

  4. s m [DER]
    1. Acto procesal co que se dá orde aos rexistradores de propiedade, mercantís, de vendas, corredores de comercio, axentes de xulgado ou notarios para que practiquen calquera dilixencia.

    2. Orde do xulgado que o notario fai constar na cláusula de traslado.

Palabras veciñas

mandala* | Mandalay | Mandalay | mandamento | mandan -na | mandante | mandar