mandar
(< lat mandāre)
-
v t
Expresar a alguén con autoridade o desexo de que se faga algo.
Ex: Mandoume saír do cuarto.
-
v t
Ter a autoridade máxima sobre unha persoa ou grupo.
Ex: Seu pai mandou un grupo de guerrilleiros. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Ela é a que manda.
-
v t
Enviar desde un lugar a outro unha persoa ou unha cousa.
Ex: Mandaremos os libros por correo.
-
v t
Lanzar un obxecto con forza contra algo ou alguén.
Ex: Mandoulle o dicionario á cara.
-
v t
Ofrecer un prezo por algo.
Ex: Mandeille mil euros polo becerro e non mo vendeu.
-
v t
[DER]
Deixar algo a alguén nun testamento.
Ex: O avó mandoulle a casa a meu irmán.
Confrontacións: legar. -
v i
Exercer autoridade sobre algo ou alguén.
Ex: Non fai máis que mandar.
-
v i
Exercer un dominio absoluto nunha proba deportiva.
Ex: O piloto mandou na carreira de principio a fin.
Frases feitas
-
Manda Baiona. Expresa que nunha casa manda a muller.
-
Manda pistóns. Dise de algo impresionante, nun sentido positivo.
-
Manda carallo na Habana! Expresa estrañeza, sorpresa ou asombro.
-
Manda carallo!/
-
Manda forza! Expresa sorpresa e admiración.
-
Mandar á merda/a pasear. Despedir a alguén con malas maneiras.
-
Mandar calor. Dar gusto, ser agradable.
-
Mandar os machos nos arrieiros. Inverterse as xerarquías.
Refráns
- Cando teñas o mando e o pau, non fagas o que se che veña á mau.
- Cando tiveres o mando e o pau, non fagas o que che veña á mau.
- Eu mando ao meu gato e o meu gato manda ao seu rabo.
- Manda e faino e quitaraste de coidado.
- Mando eu ao meu mozo e o meu mozo manda a outro.
- Non sabe mandar quen non foi mandado.
- O que está afeito a mandar, non se afai ben a servir.
- O rei, cando roga, manda.
- Por abaixo anda quen o manda.
- Quen manda, non roga.
- Se mandas e non coi das, verás que pelo botas.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mando
mandas
manda
mandamos
mandades
mandan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandaba
mandabas
mandaba
mandabamos
mandabades
mandaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandei
mandaches
mandou
mandamos
mandastes
mandaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandara
mandaras
mandara
mandaramos
mandarades
mandaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandarei
mandarás
mandará
mandaremos
mandaredes
mandarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandaría
mandarías
mandaría
mandariamos
mandariades
mandarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mande
mandes
mande
mandemos
mandedes
manden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandase
mandases
mandase
mandasemos
mandasedes
mandasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandar
mandares
mandar
mandarmos
mandardes
mandaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
manda
-
-
mandade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mandar
mandares
mandar
mandarmos
mandardes
mandaren
mandada
mandados
mandadas