mandar

mandar

(< lat mandāre)

  1. v t

    Expresar a alguén con autoridade o desexo de que se faga algo.

    Ex: Mandoume saír do cuarto.

  2. v t

    Ter a autoridade máxima sobre unha persoa ou grupo.

    Ex: Seu pai mandou un grupo de guerrilleiros. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Ela é a que manda.

  3. v t

    Enviar desde un lugar a outro unha persoa ou unha cousa.

    Ex: Mandaremos os libros por correo.

  4. v t

    Lanzar un obxecto con forza contra algo ou alguén.

    Ex: Mandoulle o dicionario á cara.

  5. v t

    Ofrecer un prezo por algo.

    Ex: Mandeille mil euros polo becerro e non mo vendeu.

  6. v t [DER]

    Deixar algo a alguén nun testamento.

    Ex: O avó mandoulle a casa a meu irmán.

    Confrontacións: legar.
  7. v i

    Exercer autoridade sobre algo ou alguén.

    Ex: Non fai máis que mandar.

  8. v i

    Exercer un dominio absoluto nunha proba deportiva.

    Ex: O piloto mandou na carreira de principio a fin.

Frases feitas

  • Manda Baiona. Expresa que nunha casa manda a muller.

  • Manda pistóns. Dise de algo impresionante, nun sentido positivo.

  • Manda carallo na Habana! Expresa estrañeza, sorpresa ou asombro.

  • Manda carallo!/

  • Manda forza! Expresa sorpresa e admiración.

  • Mandar á merda/a pasear. Despedir a alguén con malas maneiras.

  • Mandar calor. Dar gusto, ser agradable.

  • Mandar os machos nos arrieiros. Inverterse as xerarquías.

Refráns

  • Cando teñas o mando e o pau, non fagas o que se che veña á mau.
  • Cando tiveres o mando e o pau, non fagas o que che veña á mau.
  • Eu mando ao meu gato e o meu gato manda ao seu rabo.
  • Manda e faino e quitaraste de coidado.
  • Mando eu ao meu mozo e o meu mozo manda a outro.
  • Non sabe mandar quen non foi mandado.
  • O que está afeito a mandar, non se afai ben a servir.
  • O rei, cando roga, manda.
  • Por abaixo anda quen o manda.
  • Quen manda, non roga.
  • Se mandas e non coi das, verás que pelo botas.

Palabras veciñas

mandamento | mandan -na | mandante | mandar | Mandara | mandarín -na | mandarina
Conxugar
VERBO mandar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mando
mandas
manda
mandamos
mandades
mandan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandaba
mandabas
mandaba
mandabamos
mandabades
mandaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandei
mandaches
mandou
mandamos
mandastes
mandaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandara
mandaras
mandara
mandaramos
mandarades
mandaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandarei
mandarás
mandará
mandaremos
mandaredes
mandarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandaría
mandarías
mandaría
mandariamos
mandariades
mandarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mande
mandes
mande
mandemos
mandedes
manden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandase
mandases
mandase
mandasemos
mandasedes
mandasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandar
mandares
mandar
mandarmos
mandardes
mandaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
manda
-
-
mandade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mandar
mandares
mandar
mandarmos
mandardes
mandaren
Xerundio mandando
Participio mandado
mandada
mandados
mandadas