1 mandril

1 mandril

(< ingl mandrill)

Nome científico: [Mandrillus sphinx, Fam doscercopitécidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero da orde dos primates que mide 1 m de lonxitude e pesa uns 50 kg. É moi robusto e está dotado dunha gran forza muscular, cunha cabeza moi grande e viseira supraorbital marcada. O fociño é alongado, de cor negra nas femias e vermello cunhas protuberancias cutáneas laterais azuis nos machos. O pelame é longo e pouco denso, dunha cor terrosa no dorso e os flancos, amarelenta no peito e abrancazado no ventre. Habita nas selvas de África occidental, e aliméntase dunha gran variedade de plantas e pequenos animais. De costumes sedentarios, habita en grupos de ata 50 individuos, dirixidos por un macho vello. Ten un carácter agresivo e irritable.