Manhattan
Manhattan
Illa de EE UU, situada na costa atlántica, delimitada polos ríos Hudson, Harlem e East River. Constitúe a parte máis antiga e céntrica de Nova York, con máis de dous millóns de habitantes. Ten uns 21 km de longo por 3 de largo, e a falta de espazo foi a causa de que a comezos do s XX se comezasen a construír rañaceos.