manivela
manivela
(< fr manivelle)
s
f
[TECNOL]
Mecanismo de transmisión de movemento que consiste nunha peza fixada ao extremo dun eixe e provista dun manubrio descentrado que lle permite facelo xirar, ou dun mango sobre o que se articula unha biela; este mecanismo completo constitúe un sistema biela-manivela. Á manivela imprímeselle un movemento de rotación coa man para accionar un mecanismo de torno de tracción ou ben, formando parte dun conxunto biela-manivela, para transformar un movemento alternativo en rotativo (ou viceversa).