Manivela Producións
Manivela Producións
[ESPECT]
Compañía de produción audiovisual e teatro creada por Antonio Simón en 1996. Destacan os seus traballos Ministros pola cara (1997), sobre un texto de Ernesto Caballero, Auto do prisioneiro (2000), a partir do texto homónimo de Ricardo Carballo Calero, e Compañía (2001), sobre un texto de Eduardo Rovner. No terreo audiovisual produciu a longametraxe A noiva de medianoite (1997), sobre un guión de Xosé Rubia Barcia.