Manley, Norman Michael
Manley, Norman Michael
Político xamaicano, fillo de Norman Washington Manley, fundador do People’s National Party (PNP) e primeiro ministro. Foi senador (1962-1967), e en 1969 sucedeu a seu pai na dirección do PNP. Como primeiro ministro (1972-1980), iniciou unha política socialdemócrata e de boas relacións con Cuba. Nas eleccións de 1989 recuperou o poder pero a súa delicada saúde fíxolle renunciar en 1992.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Saint Andrew -
Deceso
Lugar : Kingston