Manlleu

Manlleu

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na chaira de Vic. Esténdese en gran parte pola beira esquerda do Ter, pouco antes da confluencia co Gurri (17.532 h [2001]). A actividade económica máis importante é a industrial, que se incrementou a partir de 1840 grazas á creación da canle industrial do Ter. As principais industrias son a téxtil, a metalúrxica, a química e a alimentaria.