Mannerheim, Carl Gustav
Mannerheim, Carl Gustav
Militar finlandés. Foi xeneral do exército tsarista (1910) e axudante de campo de Nicolao II (1912) e, cando se proclamou a independencia de Finlandia (1917), dirixiu aos gardas brancos que se impuxeron aos bolxeviques finlandeses. Rexeu o país (1918-1919) e construíu a liña Mannerheim na zona fronteiriza coa URSS do istmo de Carelia. Foi mariscal de Finlandia (1933) e en 1941 declarou a guerra á URSS, á beira de Alemaña, aínda que en 1944, como cabeza do estado, firmou o armisticio coa URSS e declarou a guerra a Alemaña (1945). Ao ano seguinte retirouse a Suíza.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Villnäs -
Deceso
Lugar : Lausanne