Mannheim
Mannheim
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña, situada na confluencia do río Neckar co Rin, en fronte de Ludwigshafen (307.730 h [2000]). Foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial segundo un rigoroso plano ortogonal. A conurbación con Ludwigshafen especializou as funcións urbanas, potenciadas polo gran porto fluvial. Posúe factorías de produtos químicos, maquinaria agrícola, automóbiles, maquinaria eléctrica e vidro. Fundouse en 1606 e, en 1720, converteuse en capital e residencia dos príncipes do Palatinado ata 1778. En 1820 pasou a pertencer ao Gran Ducado de Baden. Foi o centro da escola de Mannheim.