Manresa

Manresa

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no ángulo de confluencia dos ríos Llobregat e Cardener (63.981 h [2001]). A economía baséase nas actividades industriais e nos servicios. Dentro do sector primario destacan os cultivos de regadío e a gandería porcina e bovina. A industria está moi diversificada, aínda que destacan o sector metalúrxico, o químico e o da pel.