Manrique, Jorge

Manrique, Jorge

Poeta. Foi comendador da orde de Santiago e protexido de Afonso V. Das cincuenta composicións do seu cancioneiro, a maioría de contido amoroso e de carácter alegórico, destaca a elexía Coplas a la muerte de su padre, composición vinculada á tradición medieval dos prantos e da danza da morte, e ennobrecida non só pola grandeza da vida, senón tamén pola morte macabra a unha idade temperá. Caracterizouse polo valor e a orixinalidade no ton exhortativo, na expresión efusiva e serena, e no don da evocación de todo un mundo pasado e inaprehensible. Na composición aparecen os conceptos do poder igualatorio da morte, que aparece personificada, e o da fama, plasmada na figura do pai do poeta, Rodrigo Manrique, un concepto renacentista que sinala a importancia dunha vida digna; ambos os dous temas tiveron unha gran vitalidade na literatura posterior. Outras composicións menores do autor son “Castillo de amor” ou “Escala de amor”, onde destaca a alegría erótica e a descrición directa da paixón, e “Sin Dios y sin vos y mí”, onde practica o xogo verbal cunha contida emoción lírica.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : castelo de Garci

  • Nacemento

    Lugar : Paredes de Nava

  • Deceso

    Lugar : A Mancha