Mans, Le
Mans, Le
Capital do departamento de Sarthe, Francia, situada na confluencia do río Sarthe co Huisne (146.105 h [1999]). A construción do ferrocarril converteuna nun núcleo industrial moi destacado especializado en material ferroviario, maquinaria agrícola, manufactura de tabaco e industria alimentaria, química e electrónica. Anualmente celébrase a carreira automobilística coñecida como as 24 h de Le Mans. Foi a antiga capital da rexión histórica e Ducado de Maine. A súa catedral conta cuns famosos vitrais dos ss XII, XIII e XIV.