Mansart, François
Mansart, François
Arquitecto francés. Comezou a súa carreira cun estilo de influencia italiana, pero continuou cun estilo puramente clásico francés, do que foi un dos iniciadores. En París realizou obras como o Hôtel de la Vrillière (1635-1645), a escaleira central do Hôtel Carnavalet (1654), o Hôtel Tubeuf, o Hôtel Fieubert e a cúpula do oratorio da igrexa de Val-de Grâce, rematada por J. Lemercier. Fóra de París, proxectou a á Orléans do castelo de Blois (1635-1638) e o castelo de Maisons. Atribúeselle a invención das mansardas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso