1 manta
(< manto)
-
-
s
f
Peza tecida de lá, algodón ou fibras sintéticas, de cores diversas e forma xeralmente cadrada, que se usa como abrigo na cama.
-
s
f
Peza de la ou outro material que se lle pon aos cabalos por debaixo da sela de montar.
-
manta eléctrica
Aparato que consta de dúas capas de tea entre as que hai unha resistencia eléctrica de baixa potencia, que se emprega para dar calor ao corpo.
-
s
f
-
s
f
Graxa que envolve os intestinos dun animal.
Sinónimos: cadillo, redeño. -
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe que pertence aos xéneros Mobula e Manta da familia dos mobúlidos.
-
manta calefactora
[QUÍM]
Calefactor formado por unha resistencia eléctrica en forma de fíos recobertos dun material illante e resistente á calor e entrelazados de xeito semellante a un tecido, que colocada ao redor dun recipiente (vasos, erlenmeyers, matraces ou embudos) serve para quentar os líquidos que contén.
Frases feitas
-
Cargarlle as mantas. Botarlle as culpas de algo a alguén sen saber se é certo ou non.
-
Quentarlle a manta. Dar unha paliza a alguén.
-
Ser raído coma unha manta sen pelo. Ser moi atrevido e ousado.
-
Tirar da manta. Sacar á luz algo que debería estar en segredo.