1 manta

1 manta

(< manto)

    1. s f

      Peza tecida de lá, algodón ou fibras sintéticas, de cores diversas e forma xeralmente cadrada, que se usa como abrigo na cama.

    2. s f

      Peza de la ou outro material que se lle pon aos cabalos por debaixo da sela de montar.

    3. manta eléctrica

      Aparato que consta de dúas capas de tea entre as que hai unha resistencia eléctrica de baixa potencia, que se emprega para dar calor ao corpo.

  1. s f

    Graxa que envolve os intestinos dun animal.

    Sinónimos: cadillo, redeño.
  2. s f [ANIMAL/ICT]

    Peixe que pertence aos xéneros Mobula e Manta da familia dos mobúlidos.

  3. manta calefactora [QUÍM]

    Calefactor formado por unha resistencia eléctrica en forma de fíos recobertos dun material illante e resistente á calor e entrelazados de xeito semellante a un tecido, que colocada ao redor dun recipiente (vasos, erlenmeyers, matraces ou embudos) serve para quentar os líquidos que contén.

Frases feitas

  • Cargarlle as mantas. Botarlle as culpas de algo a alguén sen saber se é certo ou non.

  • Quentarlle a manta. Dar unha paliza a alguén.

  • Ser raído coma unha manta sen pelo. Ser moi atrevido e ousado.

  • Tirar da manta. Sacar á luz algo que debería estar en segredo.