mantilla
mantilla
(< cast mantilla)
-
s
f
[INDUM]
Manteleta de encaixe que usan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes. Comezou a usarse no s XVII e foi moi habitual na primeira metade do s XIX.
-
s
f
[PROTISTA]
Alga verde, duns 20 cm de lonxitude, que presenta forma laminar cos bordos ondulados ou finamente dentados. O talo estréitase moito na base, formando un pequeno disco redondeado polo que se fixa ao substrato. A súa forma varía dependendo das condicións do medio natural en que habita. Crece adherida ás superficies das rochas e como epífita doutras algas, nos niveis intermareal ou infralitoral das costas expostas ou protexidas. Emprégase como bioindicadora de contaminación por materia orgánica.