Mantinea
Mantinea
Antiga cidade de Grecia na Arcadia oriental. No s VI a C, os seus habitantes uníronse á Liga do Peloponeso e participaron na loita pola hexemonía grega entre Esparta, Tebas e Atenas a carón desta última. Posteriormente a cidade pasou ao dominio dos romanos e o Emperador Publio Elio Adriano embeleceuna con numerosos edificios.