Manuzio, Aldo

Manuzio, Aldo

Humanista, impresor e editor italiano. Coñecido como o Vello, foi preceptor dos príncipes de Carpi (1483), e un deles, Alberto Pio, financiou a súa imprenta establecida en Venecia (1493). Excelente helenista, reuniu un grupo de colaboradores na Academia Aldina, onde se ocupou da edición dos clásicos grecolatinos (Teócrito, Hesíodo ou Virxilio, o Órganon aristotélico, Marcial e Cicerón). Como editor publicou textos de gran rigor filolóxico, cun excepcional traballo tipográfico. A importancia do seu legado está no abandono dos tipos góticos en favor da littera antiqua, a creación dun alfabeto completo que se converteu en clásico ata a aparición do roman du roi Louis XIV, a creación dos tipos cursivos e o deseño clásico dos tipos gregos, tradición que non foi abandonada ata finais do s XX.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bassiano, Velletri

  • Deceso

    Lugar : Venecia