Manzanares
Manzanares
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polo río Azuer (17.917 h [2001]). É un centro vitícola da Mancha, onde se elaboran viños e licores. Posúe cultivos de cereais, patacas e viña, así como gandería. Destaca a industria alimentaria, química e metalúrxica.