Manzanares el Real

Manzanares el Real

Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama, drenado polo río Manzanares, onde forma o pantano homónimo (4.547 h [2001]). O castelo, residencia dos marqueses de Santillana e dos duques do Infantado, foi construído no s XV.