Manzoni, Alessandro
Escritor. Formado no ambiente da ilustración lombarda, adoptou os principios da cultura romántica a través da ideoloxía dos críticos e escritores franceses dos primeiros anos do s XIX. A súa formación intelectual concluíu coa súa adhesión ao catolicismo de orientación xansenista. A súa obra énchese de modelos esquemáticos da tradición literaria anterior e exprésase co italiano falado pola burguesía, como mostra da funcionalidade social da literatura e a súa orientación a un público non especializado. Da súa produción destacan Inni sacri (1812-1822), as Odi (Cinque maggio, Marzo 1821), e varias traxedias que representan a parte máis significativa da súa produción, e a novela I promessi sposi (1825-1827), a súa obra máis importante que narra a historia das desventuras de dous campesiños contra os que se manifesta a mala vontade dos poderosos, no s XVII.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Milán -
Deceso