mañá
(< lat v *maneāna)
-
s
f
Período de tempo que vai desde o amencer ata o mediodía. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mañá parda, mañá larga. Pola mañá ao monte, e pola tarde á fonte”.
Ex: Na mañá de hoxe teño que facer tres recados.
-
s
f
Período de tempo que vai desde a media noite ata que sae o sol.
Ex: Saíu da discoteca ás dúas da mañá.
-
s
m
Tempo futuro, ou o que está por vir.
Ex: O teu mañá é esperanzador.
-
adv
Indica o día que seguirá inmediatamente ao de hoxe. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mañá choverá, ou nevará, ou sabe Deus o que fará. O día de mañá, ninguén o viu nin o verá”.
Frases feitas
-
Á mañá. Pola mañá cedo.
-
De mañá. Ao amancer.
-
Mañá será outro día. Emprégase para consolar ao desgraciado ou ameazar ao ditoso, recordándolles a inestabilidade des cousas do mundo.
-
Moi de mañá. Moi cedo, de madrugada.
-
O día de mañá. O futuro.