Mapplethorpe, Robert

Mapplethorpe, Robert

Fotógrafo. Estudiou no Pratt Institute de Brooklyn, á vez que produciu filmes underground, esculturas e colaxes. Influído por John McEndry, interesouse pola fotografía. Preocupouse polos temas clásicos e destacou polas súas imaxes de flores, retratos de destacados artistas e intelectuais da cidade neoiorquina e polos nus, que aparecen de forma natural e clásica, marcados pola liberdade. Especializouse en autorretratos con roupas de muller e colaxes con restos de imaxes que el mesmo recompilaba.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso

    Lugar : Boston