Mar, templo votivo do
Mar, templo votivo do
Igrexa situada en Panxón (Nigrán). Foi proxectada por Antonio Palacios e construída entre 1932 e 1937. O seu estilo toma referencias da arte gótica e románica, pero cun xeito completamente libre. Ten planta cruciforme, con bóveda de crucería de estilo califal. No exterior destacan as celosías de formigón, que pechan os vans, e a torre, rematada con catro anxos custodios orientados cara aos puntos cardinais.