Mar y Tierra

Mar y Tierra

Publicación aparecida na Coruña en xaneiro de 1932 e que cesou ao ano seguinte. Baixo o subtítulo “Órgano de la Federación Nacional de la Industria Pesquera. CNT-AIT”, estivo ao servizo dos mariñeiros sindicados na CNT. Imprimiuse en Vigo cando a sede do Comité Nacional de la Industria Pesquera cambiou a esa cidade. Dirixida por Xosé Villaverde e por Manuel Fandiño, contiña información sobre o sector.