Marabillas, Nosa Señora das
Marabillas, Nosa Señora das
Igrexa parroquial situada en Cartelle. Comezou a construírse en 1813, sobre as ruínas dun templo do s XVII, desde o que se trasladou a imaxe da Virxe das Marabillas. Ten planta de cruz latina con nave e cruceiro abovedados. No seu interior conserva unha imaxe barroca da Inmaculada do s XVIII nun retablo neoclásico, e unha cruz de metal do s XVI. Na fachada destaca unha torre de dous corpos, rematada con balcón corrido e cúpula con lanterna.