marabú

marabú

(< fr marabout)

  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave do xénero Leptoptilos, da familia dos cicónidos, que ten 120 cm de alzada e máis de 250 cm de envergadura. Presentan o bico cónico, coa base tan grosa como a cabeza, unha papada fláccida, característica sexual secundaria, que ten relación coa función respiratoria, e a cabeza e o pescozo nus e coa pel rosada. Son gregarios e necrófagos. A especie L. crumeniferus (marabú africano) habita desde Sudán e Etiopia ata Zambia; L. dubius (marabú indú) e L. javanicus habitan desde India central ata Borneo.

  2. s m

    Adorno feito con plumas de marabú.