Marat, Jean-Paul

Marat, Jean-Paul

Revolucionario suízo. Dedicouse á propaganda política, e en 1789 publicou Publiciste Parisien e L’ami du peuple, xornais en que defendía o seu radicalismo político. Identificouse coas necesidades do baixo pobo e converteuse en ídolo de masas de París. Formou parte dos Club dos Cordeliers e, máis tarde, dos xacobinos, onde inspirou e defendeu a intransixencia política fronte aos xirondinos. Foi membro do comité de vixilancia da Comuna de París e un dos responsables das matanzas do 10 de agosto e setembro de 1792. Foi deputado de París na Convención Nacional e continuou instigando ás masas da capital á acción revolucionaria. Exerceu un papel destacado na caída dos xirondinos, en xuño de 1793.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Boudry, Neuchâtel

  • Deceso

    Lugar : París