maratha
maratha
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo maratha.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo maratha.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de lingua marathi que habita en Bombai e nas provincias centrais de India. Constituíron o estado máis poderoso do país no s XVIII e desde 1713 foron gobernados por primeiros ministros ou peśvā, que crearon a Liga maratha constituída por Baroda, Gwalior, Indore e Nāgpur. A derrota maratha fronte aos afganos en Pānipāt (1761) favoreceu os británicos que anexionaron o territorio dos peśvā á presidencia de Bombai.