Marburg
Marburg
Cidade do land de Hessen, Alemaña (73.200 h [1990]). Está situada a ambos os dous lados do Lahn e dominada por un outeiro cun castelo (ss XIII-XV). Fundouse a finais do s XII, e o landgrave de Turinxia, Luís II, concedeulle carta municipal en 1227. A súa universidade, que se constituíu en 1527, converteuse nun importante centro difusor da Reforma.