MARC
MARC
Formato bibliográfico susceptible de ser tratado por ordenador, desenvolvido pola Library of Congress de EE UU en 1966. É un intento de definir unha fonte estándar de información bibliográfica que permita o intercambio e a manipulación no ámbito internacional. Despois de mellorar o formato inicial apareceu o MARC II (1968). Estrutúrase segundo campos que poden almacenar máis de 500 informacións sobre unha soa obra.