Marcas

Marcas
Nome científico: [ital: Le Marche]

Rexión de Italia central que está bañada ao L polo Mar Adriático, e comprende as provincias de Ancora, Áscoli Piceno, Macerata e Pesaro e Urbino (9.694 km2; 1.463.868 h [2001]). A capital é Ancona. Ten unha morfoloxía moi variada, predominantemente montañosa e culmina no Monte Vettore (2.478 m) nos Apeninos. Os principais cursos fluviais son o Metauro, o Foglia, o Esino, o Pontenza e o Trento. Os núcleos máis importantes son Ancona, Pesaro e Macerata. Destacan os cultivos de millo, trigo, forraxe, oliveiras e viña. A industria é modesta aínda que destacan algúns centros tradicionais como a industria téxtil e de cerámica en Pesaro e Recanati.