Marcelo, Ulpio

Marcelo, Ulpio

Xurista romano. Foi membro do consilium de Antonino Pio e de Marco Aurelio. Pensador agudo e intelixente, criticou as opinións dos xuristas antigos, e escribiu Digesta, en 31 libros. Tamén escribiu unhas notae ás Digesta e ás regulae de Pomponio, uns comentarios Ad legem Iuliam et Papiam e cinco libros De officio consulis.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma