Marchena y Ruiz de Cueto, José
Marchena y Ruiz de Cueto, José
Escritor e político. Coñecido como El abate Marchena, recibiu as ordes menores en Sevilla e escribiu Aviso al pueblo español, en que convidaba os seus concidadáns a unirse á Revolución Francesa. Formou parte dun comité español encargado de introducir as ideas republicanas no Estado español. Xosé Bonaparte nomeouno director de La Gaceta e arquiveiro do Ministerio do Interior. En 1820 foi expulsado de Sevilla polas súas ideas extremistas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Utrera -
Deceso
Lugar : Madrid