Marcial, Marco Valerio

Marcial, Marco Valerio

Escritor. Orixinario da Tarraconense, foi un dos últimos clásicos da poesía latina. Escribiu quince libros baixo o nome de Epigrammata, en que denunciou a retórica do seu tempo, a ampulosidade dos poemas mitolóxicos e infundiulle á poesía naturalidade, sobriedade e realismo. Con todo, non se pode considerar como unha voz de denuncia social; o epigrama é sinónimo da nota mordaz en verso que amosa o aculeus ou aguillón na súa parte final.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bílbilis