Marcuse, Herbert

Marcuse, Herbert

Filósofo. Nacionalizado estadounidense, achegou á escola de Frankfurt a súa adaptación da filosofía heideggeriana a problemas político-revolucionarios. Membro do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), coa chegada do nazismo (1933) emigrou a Xenebra e a EE UU (1934). A súa filosofía caracterízase pola análise da última sociedade capitalista e pola procura da súa superación. Defende que as sociedades desenvolvidas se caracterizaban pola busca da eficacia e da comodidade, feito que as convertía en sociedades pechadas, en que o individuo quedaba dominado pola colectividade, que, á súa vez, somete as forzas revolucionarias. Segundo isto, os seus elementos subversivos e antisociais serían os estranxeiros, os explotados, os desocupados, as minorías, os marxinados e os excluídos do sistema. A súa presenza amosa a necesidade de pór fin a condicións e institucións intolerables, aínda que non aclara cómo sería un proceso revolucionario protagonizado por estes actores. Erixiuse, durante a segunda metade da década de 1960, en abandeirado dos movementos universitarios de esquerdas. Das súas obras destacan Hegels Ontologie (1932), Reason and Revolution (1941), Eros and Civilisation (1955), One Dimensional Man (1964), Kultur und Gesellschaft (Cultura e sociedade, 1965), Das Ende der Utopie (A fin da utopía, 1967) e Die Permanenz der Kunst (A permanencia da arte, 1978).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Starnberg, Alta Baviera