Maremma
Maremma
Rexión de Toscana, Italia, que está constituída por unha extensa chaira aluvial costeira, entre os ríos Arno e Ombrone. Na Antigüidade foi sede dos núcleos de poboación etrusca máis importantes, pero gradualmente declinou e foise convertendo nunha zona infecta de paludismo. Os grandes duques de Toscana iniciaron a obra de recuperación do territorio, que foi gañado para a agricultura.