Margalef i López, Ramón
Margalef i López, Ramón
Ecólogo e naturalista. Director do Institut d’Investigacions Pesqueres (1951), destacou no eido da aplicación da teoría da información ao estudo das comunidades e na formulación de modelos matemáticos para o estudo do plancto. Estudiou tamén aspectos prácticos como os de eutrofización dos pantanos e a produtividade e contaminación das augas. Publicou Ecología (1974), La biosfera entre la termodinámica y el juego (1980), Limnologia (1983) e Teoría de los sistemas ecológicos (1991). Recibiu o Premio Ramón y Cajal (1983).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona