María I de Escocia

María I de Escocia

Raíña de Escocia (1542-1567), filla póstuma de Xaime V de Escocia e de María de Guise. Casou en 1558 con Francisco II de Francia e trala morte do seu marido volveu a Escocia (1561), e en 1565 casou co seu curmán Enrique Stuart, con quen tivo un fillo, o futuro Xaime VI de Escocia. Tralo asasinato en 1567 do seu home, foi considerada culpable xunto co seu novo marido Bothwell. A indignación provocada por este feito obrigouna a abdicar. En 1568 refuxiouse na Corte de Inglaterra ata que, en 1587, acusada de conspirar contra Isabel I de Inglaterra, foi executada.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Linlithgow

  • Deceso

    Lugar : Fotheringhay