Marín, porto de
Marín, porto de
Porto do litoral atlántico galego, situado en augas abrigadas da ría de Pontevedra e que goza dunha estratéxica localización no centro xeográfico do Eixo Atlántico. O seu privilexiado emprazamento ofrece unha óptima entrada a Europa, xa que dispón de boas comunicacións que garanten un rápido transporte tanto ferroviario como por estrada. É o motor económico da zona e o terceiro de Galicia en importancia, despois de Vigo e A Coruña. Destaca como centro loxístico de distribución de grans agroalimentarios para o S de Galicia e o N de Castela-León. Dentro das operacións portuarias destacan as de grans sólidos, a terminal de contedores, as de pasta de papel, madeira e cemento, a terminal de froitas e a pesca fresca e conxelada.