Marinetti, Filippo Tommaso
Marinetti, Filippo Tommaso
Escritor. Redactou o seu primeiro manifesto en 1909, en que propugnaba a ruptura dos esquemas literarios tradicionais e da sintaxe. No Manifesto tecnico della letteratura futurista (1912) definiu a guerra como a ‘única hixiene do mundo’, e trala Primeira Guerra Mundial adheriuse ao fascismo. Das súas obras destacan, en poesía, Spagna veloce e toro futurista (1913), Poemi simultanei futuristi (1933), Canto eroico e macchine della guerra mussoliniana (1942) e L’esercito italiano, poesia armata (1942), e, en prosa, Novelle con le labbra tinte (1930) e Patriottismo insetticida (1939).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alexandría, Exipto -
Deceso
Lugar : Bellagio, Lombardia